martes, 25 de noviembre de 2008

Violencia de xénero


A violencia de xénero é unha manifestación máis das desigualdades sociais
entre homes e mulleres.

Na súa forma máis extrema provoca mortes, e un gran rexeitamento. Ten a
súa orixe nunha violencia cotiá que pasa desapercibida; a violencia
psicolóxica e emocional, que se manifesta na desvalorización da muller, no
menosprezo do seu traballo, no seu illamento social e nas ameazas.

Esta violencia psicolóxica é oculta, é o paso anterior ao maltrato físico, máis
visible.

A violencia contra as mulleres é un problema de toda a sociedade. É
preciso sumar todas as formas para previla e erradicala. Non podemos
manternos en silencio, porque o silencio convértenos en cómplices do
abuso e sufrimento das mulleres.

As actitudes de rexeitamento da violencia evidencian que as mulleres non
están soas, e que os agresores non contan co apoio nin de homes nin de
mulleres, porque denunciando aos protagonistas e as situacións de maltrato
queda claro que eles son os únicos responsábeis dos seus actos.

A sociedade non debe permitir nin xustificar o control, nin as ameazas, nin
as agresións que as mulleres padecen.

As mulleres queren vivir cos seus dereitos, os dereitos humanos, e ser libres
e autónomas sen que perigue a súa integridade física e emocional.

É obriga de todas e de todos, da sociedade no seu conxunto, garantir os
dereitos das mulleres, non sendo cómplices da violencia exercida contra
elas, nin calando diante da desigualdade e sufrimento por motivo de xénero.

Fonte: http://www.dicoruna.es/diputacion/corporacion/pleno/declaraciones/20041125-ViolenciaXenero.pdf


No hay comentarios: