viernes, 28 de noviembre de 2008

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Acoso escolar

Denuncian por segunda vez a unha nena de 14 anos por acoso escolar

A familia da vítima, que foi agredida e sufriu un traumatismo cranioencefálico, pide que actúe a Xustiza.


A familia da alumna do IES Rafael Dieste da Coruña que o pasado luns sufriu unha agresión á saída do centro denunciou por segunda vez ante a policía o acoso ao que a súa filla está sendo sometida por parte dunha das súas compañeiras, de 14 anos. Nesta ocasión, tras recibir patadas e golpes, a vítima, da mesma idade, tivo que ser atendida no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera dun traumatismo cranioencefálico e diversas contusións.

A orixe da rifa tivo lugar a semana pasada. Aínda que as alumnas non pertencen ao mesmo grupo de 3.º da ESO , coinciden nalgunhas materias, nunha das cales a agresora pintou unha cazadora da acosada intentándolle pegar. Debido a iso foi expulsada. O luns, con todo, estábaa esperando na rúa Colombia, próxima o centro, e pola que a alumna camiñaba de volva a casa. Tal e como testemuña un dos seus compañeiros, «baixaba andando, viuna e pegoulle unhas patadas no estómago e as pernas. ela -di referíndose á agredida- non fixo nada, nin sequera defendeuse. Non lle gusta pelexarse».

«Teñen problemas entre elas, cáense mal», explica outro dos mozos. «Son problemas que veñen de moito antes, de dous anos ou tres», engade outro. «En certo xeito, esperabamos que fose pasar algo así, porque xa tiveron moitas leas antes. Unha vez arrincoulle un bo guecho de pelo», recorda. Precisamente, ese último feito que mencionan os alumnos motivou a primeira das denuncias da familia da nena. Pilar , a súa nai, precisa que o 2 xuño interpuxo a correspondente denuncia: «Agrediuna nas clases de ximnasia, agarrouna polo pelo e arrastrouna. Pero a denuncia non serviu de nada porque a seguiu molestando». O acoso renovouse ao empezar as clases, ao volver das vacacións que pasou fóra da cidade.

«A de onte foi moito máis forte que a da outra vez -apunta a nai, referíndose ao altercado do luns-. A miña filla díxome: ''A segunda ao hospital, a terceira ao cemiterio''. é moi forte o que está pasando a miña filla. Non quere saír de casa. Está mal fisicamente polos golpes que recibiu, pero psicoloxicamente está moito peor».

Algúns dos compañeiros da agredida mediaron na pelexa e evitaron que fose a maiores. A nai, que agradece a solidariedade destes, reprocha con todo a pasividade dos adultos nun tema como este: «Había moita xente maior ao redor e eu creo que moitas destas persoas, que algunhas delas ben poden ser pais de mozos desa idade, poderían facer algo».

Expulsión

Na tarde de onte, o centro informaba á nai da nena acosada de que a súa compañeira fora definitivamente expulsada. «No instituto, tanto a directora como o xefe de estudos e os profesores tiveron un trato moi correcto connosco. Baixo ningún concepto querían que a miña filla se fose de alí», sinala, aínda que apunta que esta medida, por si soa, non solucionará o problema: «Pedimos á Fiscalía que interveña para que se poida pór unha orde de afastamento. Viven no mesmo barrio e pódense atopar na rúa perfectamente para que volva suceder o mesmo».

No centro sinalaron que a directora se atopaba reunida cun inspector de Educación durante a mañá. Pola tarde, tamén foi imposible contactar con ela ao atoparse fose do centro.

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/15/0003_7226616.htm?idioma=galego

martes, 25 de noviembre de 2008

Violencia de xénero


A violencia de xénero é unha manifestación máis das desigualdades sociais
entre homes e mulleres.

Na súa forma máis extrema provoca mortes, e un gran rexeitamento. Ten a
súa orixe nunha violencia cotiá que pasa desapercibida; a violencia
psicolóxica e emocional, que se manifesta na desvalorización da muller, no
menosprezo do seu traballo, no seu illamento social e nas ameazas.

Esta violencia psicolóxica é oculta, é o paso anterior ao maltrato físico, máis
visible.

A violencia contra as mulleres é un problema de toda a sociedade. É
preciso sumar todas as formas para previla e erradicala. Non podemos
manternos en silencio, porque o silencio convértenos en cómplices do
abuso e sufrimento das mulleres.

As actitudes de rexeitamento da violencia evidencian que as mulleres non
están soas, e que os agresores non contan co apoio nin de homes nin de
mulleres, porque denunciando aos protagonistas e as situacións de maltrato
queda claro que eles son os únicos responsábeis dos seus actos.

A sociedade non debe permitir nin xustificar o control, nin as ameazas, nin
as agresións que as mulleres padecen.

As mulleres queren vivir cos seus dereitos, os dereitos humanos, e ser libres
e autónomas sen que perigue a súa integridade física e emocional.

É obriga de todas e de todos, da sociedade no seu conxunto, garantir os
dereitos das mulleres, non sendo cómplices da violencia exercida contra
elas, nin calando diante da desigualdade e sufrimento por motivo de xénero.

Fonte: http://www.dicoruna.es/diputacion/corporacion/pleno/declaraciones/20041125-ViolenciaXenero.pdf


Fotos del blog

lunes, 24 de noviembre de 2008

viernes, 21 de noviembre de 2008

viernes, 14 de noviembre de 2008

viernes, 7 de noviembre de 2008